A Asociación Provincial de Jóvenes Empresarios de Pontevedra organiza a XI Edición do Premio Xoven Empresario do Ano co obxectivo de apoiar, potenciar e difundir a iniciativa da xuventude empresaria da provincia. O acto de entrega do galardón, que conta cunha dotación económica de 6000 euros, terá lugar o xoves, día 25 de maio, ás 20:00 horas, no Pazo da Cultura da cidade do Lérez.
As bases da convocatoria poden consultarse na páxina web do premio www.ajepontevedra.com/premio, onde tamén poden descargarse os impresos necesarios para participar.