A Confederación Empresarial de Pontevedra participa na xornada de peche do proxecto Digital CoLogistics, do cal é beneficiario principal, o próximo 24 de setembro.
O encontro repasará os principais resultados do proxecto, centrado na transformación dixital das cadeas loxísticas do eixo transfronterizo Galicia-Norte de Portugal, con actuacións en ámbitos como o big data e a intelixencia artificial, a integración dixital da cadea de valor e o posicionamento internacional do sector.
O programa inclúe a apertura a cargo de Luís Miguel Ribeiro, presidente do Consello de Administración da AEP; a presentación de resultados do proxecto; unha intervención sobre a innnovación aplicada á loxística e os portos, coa participación de Platform Zero (Porto de Róterdam); e unha mesa redonda sobre dixitalización e descarbonización. A clausura correrá a cargo de Jorge Cebreiros, presidente da CEP.
Participación gratuita, previa inscripción.