A Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) promove, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a celebración do V Foro Empresarial pola Igualdade
Mulleres que transforman
Este encontro, que xa se consolidou como unha cita de referencia no ámbito empresarial galego, nace co propósito de recoñecer, visibilizar e poñer en valor o papel transformador das mulleres no tecido económico e social de Galicia. A través deste foro, búscase crear un espazo de reflexión, intercambio de experiencias e aprendizaxe, arredor do liderado feminino e da promoción da igualdade real de oportunidades no eido empresarial.
Nesta quinta edición, poñemos o foco nas mulleres que lideran a innovación, que impulsan a creatividade e que promoven modelos de negocio sostibles e con impacto social.
Tres mesas temáticas que permitirán escoitar voces diversas e referentes que, desde diferentes sectores estratéxicos, contribúen a construír unha Galicia máis igualitaria, inclusiva e competitiva.
Con este foro, a CEP reafirma o seu compromiso coa igualdade de xénero como motor de transformación e crecemento para as empresas e para o conxunto da sociedade galega.